EFE. A empresa Enerxía e Celulosa (Ence) lanzou unha campaña en Asturias e Galicia para favorecer a renovación das masas de eucalipto de máis de 30 anos, aquelas que xa superaron a súa fase de maior crecemento.
Así, a iniciativa, que se extenderá ata o 30 de xuño do presente ano, inclúe bonificacións no prezo da madeira e obsequio de plantas de eucalipto, aspira a “obter máis madeira” da mesma superficie forestal e a “xerar máis emprego”.
Durante este período, Ence ofrece unha prima adicional de sete euros por tonelada por riba das tarifas actuais, por aquela madeira de eucalipto que proceda de parcelas nas que, polo menos, un de cada dez árbores teña un diámetro de 70 centímetros ou máis na súa base.
Adicionalmente, Ence entregará catro plantas de eucalipto por tonelada, para facilitar a repoboación forestal.
PERÍODO DE MADUREZ
Segundo expón a papeleira, a especie globulus de eucalipto alcanza a súa madurez entre os 12 e os 16 anos, momento no que empeza a ralentizar o seu desenvolvemento e pódese aproveitar de forma óptima a madeira, obtendo unha produción máxima ao longo do tempo.
Retrasar a corta do árbol, argumenta a empresa, conleva a perda de produtividade e diminúe o rendemento que ofrece o terreo. Así, sinala Ence, a decisión correcta “mellora os ingresos dos propietarios “que venden madeira á papeleira e tamén “facilita unha xestión forestal sostible”.
INFORMACIÓN
Ence habilitou para a campaña un teléfono de contacto, o 900.100.890, e tamén unha web para informarse ou inscribirse na iniciativa.
Brutal campaña de marketing gratuita que le estan haciendo a ENCE !!! No veis que apenas hay arboles de ese tamaño!!!! Es una manera de salir en todos los medios a coste O.