InicioEconomíaA "deixación absoluta" no tren Ferrol-Ribadeo: 738 supresións no verán

A “deixación absoluta” no tren Ferrol-Ribadeo: 738 supresións no verán

Adif recoñece a En Marea que se produciron 144 incidencias na liña durante a época estival

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento indicou nunha resposta ao deputado de En Marea no Congreso dos Deputados, Miguel Anxo Fernán Vello, que entre xuño e setembro do pasado ano suprimíronse na liña de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo un total de 738 trens. Ademais, contabilizáronse un total de 144 incidencias.

Á iniciativa de control de Fernán Vello, Fomento achegou un cadro no que se recolle o número de trens suprimidos nos meses de xuño (199), xullo (169), agosto (309) e setembro (67).

O parlamentario de En Marea esixiu dotar de partidas orzamentarias para recuperar uns servizos ferroviarios “imprescindibles en comarcas como A Mariña Lucense, moi poboadas, e que teñen una importante actividade económica. Nunca entendemos a deixación absoluta que se practicou con este ferrocarril”, expuxo.

en agosto, mes de maior impacto turístico, houbo 309 cancelacións de servizos

SEN HORARIOS NOVOS PARA A BISBARRA

Na súa resposta ao deputado de En Marea, Fomento afirma que Renfe acadou un acordo coa Xunta e coas mancomunidades de municipios de Ferrolterra e Ortegal para a aplicación de novos horarios. Un acordo que excluíu á Mariña Lucense, que seguirá sen tren de proximidade.

TRINCHEIRAS

Adif resposta a Fernán Vello que “un dos puntos nos que se intensificou no últimos anos o investimento é o tratamento das trincheiras. No último trienio investíronse en Galicia 2,4 millóns nese eido”, resalta.

Engade que “está previsto continuar coa eliminación de puntos de risco en trincheiras do tramo Ferrol-Ribadeo, para o cal iniciouse pasado no mes de abril a redacción do proxecto para a estabilización dos taludes das trincheiras situadas entre os puntos quilométricos 73/950, 97/050 e 87/205, e 95/640 e 95/900, situadas entre O Barqueiro e Xove”.

SEGURIDADE

Fernán-Vello lamenta que “Adif só fala das actuacións en trincheiras” e que sinala que na planificación futura estaría a “modernización das instalacións de seguridade das Cercanías da Rede de Ancho Métrico en Galicia, eliminando o bloqueo telefónico para pasar a realizar a regulación do tráfico entre Ferrol e Ortigueira automáticamente desde o CTC”.

Non se ofrecen datas concretas, simplemente indica que “será entre 2019 e 2020”, denuncia o deputado.

VISIÓN “GLOBAL”

Segundo sinala En Marea nun comunicado, o seu deputado pedía “investimentos máis ambiciosos para rematar coas constantes cancelacións, avarías e demáis deficiencias como a renovación do parque móbil, a modernización da liña, maiores frecuencias e servizos adaptados ás necesidades dos usuarios a modo dun tren de proximidade”.

Considera Fernán Vello que é necesaria “unha visión de conxunto do mal estado da antiga Feve e apostar decididamente polo ferrocarril como medio de transporte ecolóxico e eficiente que sacaría vehículos das estradas. Hai que aprobar un Plan que inclúa toda a problemática e que ofreza un servizo óptimo para o único tren que ten A Mariña”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...