InicioEconomíaAlcoa e sindicatos chegan a un preacordo sobre os temporeiros de San...

Alcoa e sindicatos chegan a un preacordo sobre os temporeiros de San Cibrao

O comité de empresa presentará este venres á asamblea a proposta do pacto, cuxas condicións non se fixeron públicas polo de agora

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao chegou na noite deste xoves a un preacordo coa multinacional tralas negociacións sobre a situación de 64 obreiros de Empresas de Traballo Temporal (ETT) e eventuais, logo de máis de cinco horas de conversas.

Para este venres, a partir das 12.00 horas, está prevista unha asemblea de traballadores na que o comité de empresa transmitirá as condicións do pacto -que polo momento non se fixeron públicas- ao cadro de persoal. Serán os propios empregados os que deberán validar ou rexeitar a proposta dos sindicatos.

O preacordo entre a empresa e os sindicatos evita, polo momento e á espera da decisión do persoal, os dous días de folga solicitados, o domingo 24 (nas quendas B, C e D) e o xoves 28 (quendas A, E e xornada normal).

O comité de empresa tamén pedira a autorización correspondente para realizar unha manifestación o martes 26, ás 7.15 horas, desde subministros.

CONTRATOS DE RELEVO

A proposta inicial do comité de empresa foi a contratación dun dos 64 temporeiros de San Cibrao por cada un dos obreiros da Coruña e Avilés que Alcoa pretendese reubicar na planta de Cervo. Deste xeito, aspiraba a garantir os contratos de relevo pactados no convenio laboral.

ATA O 1 DE MARZO

Os traballadores teñen ata o primeiro de marzo para comunicar a Alcoa a súa decisión sobre o acordo entre a multinacional e os sindicatos das plantas coruñesa e a avilesina, validado polo persoal da Grela e San Balandrán no mes de xaneiro, e que inclúe prexubilacións en San Cibrao para reubicar empregados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...