InicioEconomíaO Goberno prevé asinar "este mes" o contrato para combater a néboa...

O Goberno prevé asinar “este mes” o contrato para combater a néboa no Fiouco

O proxecto de Fomento consiste na ampliación de 500 metros a cinco quilómetros o sistema de balizas intelixentes

Publicada o

- Advertisement -

O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, anunciou que espera asinar “no mes de marzo” o contrato para as obras coas que o Goberno central pretende solventar os problemas de circulación pola néboa na autovía A-8, no alto do Fiouco.

Ábalos fixo esta afirmación en Lugo, na presentación do anteproxecto da Estación Intermodal da capital da provincia.

O dirixente do Executivo explicou que agarda que neste mesmo mes se formalice o contrato para “dar solucións innovadoras” a unha problemática que provocou varios accidentes –un deles causou unha vítima mortal no 2014– e que obriga a pechar constantemente a única autovía que poden utilizar os cidadáns da Mariña Lucense -e que os comunica con Lugo, Santiago de Compostela, A Coruña ou Vigo– ou os habitantes de boa parte de Galicia para achegarse á Costa de Lugo.

Trala firma do contrato, asegurou Ábalos, “comezará a experimentación de prototipos a escala real”.

“DE 700 A 100 AS HORAS DE PECHE”

Actualmente cóntase con balizas que se activan ao paso dos vehículos nun tramo de 500 metros e, segundo expuxo o Goberno, este ano estenderase a todo o tramo de cinco quilómetros afectados polas néboas densas.

Con esta medida, calcula o Goberno, as horas anuais de desvíos por néboa poderán reducirse “das 700 actuais a unhas 100 horas”, aproximadamente.

APEADOIRO NAS CATEDRAIS

O ministro tamén comprometeu a creación dun apeadoiro de Feve nas Catedrais, unha vella demanda da sociedade ribadense dada a afluencia ao monumento natural.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...