Un novo axente intervirá no debate socioeconómico na comarca. Trátase do Foro Económico da Mariña, que ven de constituirse como asociación sen ánimo de lucro.
A entidade, que comeza a súa andaina, pretende consolidarse como “punto de encontro do empresariado e da cidadanía da bisbara”, explica Inés López Couto, á fronte dun proxecto promovido por un grupo de seis persoas “con inquedanzas e opinións comúns acerca do tecido produtivo” mariñao.
aspira a propiciar un intercambio de experiencias e coñecemento que impulse a competitividade
“Hai sectores que xeneran moita riqueza pero que poderían ser aínda máis importantes”, valora a economista, que considera que o “intercambio de experiencias” a través dun espazo como o que constrúen pode xenerar propostas que “impulsen a competitividade“.
“É un traballo que ninguén está a facer, e que cremos que resulta necesario porque temos un empresariado moi disperso”, continúa.
REALIZACIÓN DE ESTUDOS
O Foro tamén nace coa vocación de “crear coñecemento”, impulsando “estudos” sobre a realidade socioeconómica da comarca e sobre o seu potencial produtivo.
“O sector da madeira ten moita importancia na comarca, sen embargo non hai unha industria transformadora que xenere valor engadido”, expón López Couto, que sinala a falta de comunicacións axeitadas como unha das grandes eivas da bisbarra.
“o empresariado teno moi difícil nunha comarca na que non se pode circular a máis de 90 qM/h”
“Nunha comarca na que non se pode circular a máis de 90 quilómetros por hora, o empresariado teno moi difícil”, denuncia.
PROXECTOS
O Foro Económico da Mariña ultima a actividade coa que inaugurará a súa andaina, ao tempo que traballa na posta en marcha dunha web e de perfís en redes sociais, que empregarán cun propósito divulgativo.
ENTIDADE ABERTA
A nova entidade fai tamén un chamamento á colaboración de empresas ou persoas que queiran colaborar ou achegar propostas. “Somos un proxecto aberto“, conclúen.