O grupo noruegués Stolt Sea Farm prevé triplicar a súa produción de linguado nos próximos anos con novas plantas como a que constrúe en Cervo, e que espera inagurar a finais de ano, ou en Tocha, en Portugal.
A planta de de Acuidoro -filial de Stolt Sea Farm- ubicada no polígono industrial de Cuíña ampliarase con 24 millóns para a cría e o desenvolvemento larvario de linguado, unha das especies polas que está a apostar a multinacional.
A previsión inicial da empresa contemplaba a creación de 76 novos postos de traballo.
O presidente da multinacional, Jordi Trías, informa de que agarda que a fábrica cervense estea en funcionamento este ano e a de Tocha no vindeiro. Ambas instalacións, asegura, contarán con tecnoloxía de recirculación desenvolta por SSF, “que mellora as posibilidades de atopar ubicacións para novas granxas debido á menor necesidade de usar grandes volúmenes de auga”.
a previsión inicial da firma contemplaba a creación de 76 postos de traballo
“Cremos que hai un gran potencial para que a compañía duplique o seu tamaño durante os próximos 15 anos, xa que se espera que a demanda do mercado tanto de rodaballo como de linguado permanezan fortes”, afirma Trías.
A empresa reforzou o seu enfoque nos últimos anos “cunha clara orientación ao mercado”, coa expansión da súa carteira de clientes a novas áreas xeográficas e unha gama de produtos de valor engadido.
NOVAS LOCALIZACIÓNS
De tal forma, “o crecemento resultante da demanda requirirá a expansión das localizacións actuais e futuras investimentos en novas localizacións. Para iso, a compañía iniciou negociacións en España, Portugal, outros países de Europa, África e América“, asegura.