InicioEconomíaO comité de San Cibrao cre que o estatuto "non chega" e...

O comité de San Cibrao cre que o estatuto “non chega” e lamenta “a ausencia dun interlocutor”

Sinala a "preocupación" ante as eleccións xerais "porque non sabemos o que vai pasar despois"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa da fábrica de Alcoa en Cervo, Xosé Paleo (CIG), recoñeceu este mércores que os traballadores da factoría están “preocupados” polo que coñeceron do estatuto que regulará o marco das empresas electrointensivas, porque opina que “non chega” para garantir a viabilidade dese centro de traballo.

Paleo sinalou que o propio comité tivo que recorrer a “asesoramento técnico”, porque resulta “complicado entender as consecuencias económicas” do estatuto, pero despois de coñecer a reacción da empresa -que sitúa “en risco” a planta de aluminio de San Cibrao- a través dos medios de comunicación, cre que ese documento “non achega unha solución”.

De feito, precisou que o comité solicitou o pasado día 13 unha reunión coa dirección da fábrica para falar da situación do centro de traballo e das perspectivas que se abren co novo estatuto, pero aínda non houbo resposta por parte da patronal.

O sindicalista cre que “o peor de todo é a actual situación no Estado”, porque “non sabemos o que vai suceder dentro dun mes”, despois das eleccións xerais, “e non hai un interlocutor estable”.

Paleo fai fincapé en que abaratar o custo da enerxía “é unha decisión de carácter político”, polo que a situación é “especialmente perigosa”, porque “non hai con quen falar”.

CRÍTICAS ÁS “INDEFINICIÓNS” DO DOCUMENTO

A Federación de Industria de Comisións Obreiras (CC OO) emitiu un comunicado no que asegura que o estatuto dos consumidores electrointensivos “non achega” as “solucións agardadas”.

A central critica que non se distinguise entre consumidores electrointensivos e hiperelectrointensivos, e que “non se abordasen os custos derivados dos peaxes de transporte e distribución, ademais do imposto eléctrico”.

cc oo reclama que se concrete “unha partida orzamentaria” da compensación de custos indirectos por co2

No tocante á compensación de custos indirectos por emisións de gases de efecto invernadoiro, CC OO considera, ao igual que Alcoa, que non se garante unha partida orzamentaria en función dos ingresos do CO2, pois o estatuto sinala que a mencionada subvención “estará suxeita á dispoñibilidade presupostaria“.

Finalmente, no relativo aos contratos bilaterais, o sindicato cre que non hai unha “certeza” sobre a implicación do Estado para facelos atractivos para compradores e proveedores.

“Actualmente hai unha gran diferenza económica entre as subastas de renovables co prezo solo e co de compra no pool eléctrico. O Goberno debe dar unha garantía de seguridade ao pacto”, conclúe a central.

XUNTANZA COS ALCALDES

Este venres producirase unha xuntanza entre o comité de empresa e os alcaldes da Mariña Lucense para establecer unha estratexia de defensa dos postos de traballo na planta de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...