Decomisadas 1,8 toneladas de ollomol en Celeiro, que foron entregadas ao banco de alimentos

O peixe foille incautado a un barco de Ribeira por incumprir o tope de capturas permitido, de 150 quilos por día

Peixe decomisado. AXM

Inspectores da Secretaría Xeral de Pesca decomisaron unha partida de 1.818 kilos de ollomol no porto de Celeiro que foi entregada este venres ao banco de alimentos.

O peixe foille incautado o pasado xoves pola tarde a un pesqueiro con base en Ribeira por incumprir o tope de capturas permitidas para esta especie, que é de 150 kilos ao día.

MÁIS DE 200 CAIXAS

As 208 caixas de ollomol quedaron depositadas nunha cámara da lonxa de Portos de Celeiro ata que este venres foron trasladadas ao banco de alimentos. Dos traballos de transporte fíxose cargo a empresa pública Tragsa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here