IniciosociedadeA pescada do pincho e a xarda de Burela locen entre os...

A pescada do pincho e a xarda de Burela locen entre os manxares do Salón Gourmets de Madrid

A OPP Lugo promocionou as dúas especies, vitais para a frota, cun showcooking e unha degustación na feira gastronómica

Publicada o

- Advertisement -

A pescada do pincho e a xarda de Burela lociron no Salón Gourmets, a Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se está a celebrar esta semana en IFEMA Madrid. Fixérono da man da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo.

Na mañá deste luns celebrouse un showcooking no stand da Confederación Española de Pesca (Cepesca), e degustáronse as receitas Pratiño de Pescada do Pincho de Burela con tapenade de oliva negra” e “Cullerciña de pemento con Xarda de Burela”.

Estas accións promocionais, segundo expón a OPP Lugo, inclúense dentro do programa ‘El Mapa de los Sabores del Mar‘, no que a organización de produtores pesqueiros lucense e Cepesca destacan a orixe, a zona e arte de pesca coa que se captura cada especie, así como as súas principais propiedades nutritivas e gastronómicas.

Receita con xarda. AXM

IMPORTANCIA SOCIOECONÓMICA

A pescada do pincho de Burela, como especie de maior importancia comercial na súa lonxa, e a xarda, como un peixe azul de tempada de importante rendabilidade para as frotas de cerco e arrastre de litoral, foron as especies que a OPP Lugo escolleu para a degustación desta edición da Feira Gourmet.

DELICIAS DO MAR

Ademais da pescada do pincho e a xarda de Burela, tamén se puideron degustar outros produtos pesqueiros, como a gamba vermella e a pintarroja de Almería, o langostino de Sanlúcar, o polbo de Mauritania, o calamar de Malvinas ou o atún vermello do Mediterráneo.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...