Porcillán é o segundo porto da Xunta que máis mercadorías move

Viveiro-Celeiro, cun 20% máis de tráfico ca no primeiro cuadrimestre do 2017, é dos peiraos con maior mellora nesta actividade

Porto de Ribadeo. TURISMO.GAL

Segundo datos de Portos de Galicia, Porcillán é o segundo porto de titularidade autonómica que máis mercadorías moveu na comunidade no primeiro cuadrimestre do ano. O peirao ribadense acumulou un total de 167.000 toneladas, só por detrás das 227.000 que xestionou Cariño. Brens-Cee, con 114.000 toneladas, foi o terceiro.

No tocante aos portos cunha maior mellora, Viveiro-Celeiro é o terceiro peirao da Xunta de Galica que máis incrementou o número de toneladas xestionadas con respecto ao mesmo período do 2017, cun 20% de suba. Destacaron neste apartado Cariño, cun aumento do 39% e Pobra do Caramiñal, cun 30%.

CRECEMENTO GLOBAL DO 13%

Portos de Galicia asegura que o tráfico portuario de mercadorías nos peiraos de titularidade autonómica rexistrou un incremento interanual do 13% ao peche do primeiro cuadrimestre do exercicio. Segundo o último informe de xestión, correspondente ao mes de abril, o movemento de mercadorías acumulado nos catro primeiros meses de 2018 situouse en 622.000 toneladas, fronte ás 550.000 do pasado ano.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here