InicioEconomíaExpomar pecha a súa 18 edición cun agradecemento a quen fixo grande...

Expomar pecha a súa 18 edición cun agradecemento a quen fixo grande a feira

Narciso González, Catalina Sánchez Luengo e o programa da TVG 'Vivir o mar' foron homenaxeados na última xornada do evento

Publicada o

Este domingo pechou as súas portas en Burela a décimo oitava Feira Náutico-Pesqueira Expomar 2019, que se celebrou na nave de redes do peirao desde o pasado 9 de maio.
A feira rematou cun acto de recoñecemento a quenes tiveron un papel importante no nacemento e desenvolvemento de Expomar. Narciso González, un dos primeiros concelleiros de mar de Galicia; Catalina Sánchez Luengo, ex xerente da fundación organizadora, piar do crecemento do encontro; e o programa de televisión ‘Vivir o mar‘, da Televisión de Galicia, pola súa divulgación das actividades marítimas e pesqueiras, recibiron o agradecemento merecido polo seu esforzo.
 
Alfredo Llano, alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, foi o encargado de clausurar a edición de 2019 desta feira. Xunto a él estiveron o xerente, José Manuel González “Brais”; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación, Mercedes Rodríguez; así coma o presidente da confraría de pescadores de Burela, Basilio Otero.
Foron catro días de intenso traballo nos que paralelamente á Feira Expomar se celebraron as vixésimo sextas Xornadas Técnicas, o vixésimo Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras e por primeira vez tivo lugar en Burela o Consello Galego de Pesca. Comeza a conta atrás para a vindeira edición da Feira Expomar, que se celebrará en 2021.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...