InicioEconomíaAlta cotización media na primeira subasta de bonito en Burela

Alta cotización media na primeira subasta de bonito en Burela

O túnido alcanza os 11,39 euros de promedio, polos 8,98 do 2017 ou os 8,12 de 2016

Publicada o

- Advertisement -

O Matxaku, un buque con porto base en Bermeo, realizou a primeira descarga de bonito da costeira no porto de Burela. O barco vasco trouxo un total de 4.421 quilos do túnido, que alcanzou un prezo medio de 11,39 euros, significativamente superior á das primeiras subastas en anos anteriores.

Cun prezo máximo de 14,10 euros, a primeira subasta na lonxa deixou bo sabor de boca. “O promedio está por riba de anos anteriores, nos que se moveu entre os 7,5 e os 9,5 euros, polo que estamos satisfeitos”, expón Miguel Neira, xerente de Armadores de Burela (Absa), aínda que resalta que a pouca cantidade alixada non permite facer valoracións. “O que nos interesa vén agora, veremos cal é o comportamento da pesquería”, asegura.

Na primeira venta do 2016, o prezo medio de arranque da pesquería foi de 8,12 euros, que aumentou no 2017 aos 8,98 euros. Con todo, nos dous casos alixáronse cantidades superiores; 10.000 quilos no 2016 e 11.200 quilos o ano pasado.

SEN INCIDENCIAS

O armador do buque tapiego Ramon Estefanía, que saíu para o caladoiro das Azores tralas patronais de Burela, sinala que a embarcación cumpriu a primeira semana da costeira sen incidencias. “Estamos pescando entre 50 e 80 quilos diarios”, expón. Por agora, os barcos da cacea non toparon coa presenza dos peláxicos, a principal preocupación da flota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...