InicioEconomíaA frota inicial do bonito segue a minguar en Burela

A frota inicial do bonito segue a minguar en Burela

Entre tres e catro buques sairán para a costeira do túnido esta semana ou a seguinte, menos ca nos anos 2017, cando abriron a campaña seis barcos, e 2018, cando a comezaron cinco

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Confraría de Pescadores de Burela, Basilio Otero, anunciou que “tres ou catro embarcacións” do porto burelao iniciarán “ao longo desta semana ou principios da próxima” a costeira do bonito.

Así, a frota do bonito de Burela segue a minguar, dado que no 2017 abriron a campaña seis embarcacións e pasado ano cinco, aínda que Otero precisa que durante os meses de xullo e agosto “participarán moitas máis“.

“PREOCUPACIÓN” POLO IMPACTO DE CANARIAS

O patrón maior burelao alertou de que no sector “hai preocupación porque os canarios pescaron máis que o ano pasado. A ver onde chegan e a ver o que pasa cos barcos de cebo vivo que son os que máis consumo teñen”, puntualizou Otero. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...