A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantiveron este xoves unha reunión na que o rexedor municipal solicitou unha reordenación das parcelas do polígono empresarial de Cuíña, a fin de acoller novos proxectos na área empresarial.
Segundo expón a Xunta de Galicia nun comunicado, Vázquez trasladoulle a Villares o compromiso de estudar e analizar a posibilidade de levar a cabo unha reordenación do parcelario actual, co fin de verificar que se poden agrupar os metros cadrados necesarios para aposta en marcha de distintas instalacións.
OCUPARASE O IGVS
Neste sentido, o Instituto Galego de Vivenda e Solo asumirá os traballos previos que permitan contrastar a viabilidade da proposta, así como os procedementos precisos para que, no seu caso, se poda levar a cabo a reordenación do ámbito para conseguir un mellor aproveitamento e máis facilidade para a implantación de novas actividades.