InicioEconomíaAlcoa dá ata domingo aos sindicatos para avalar a venta de Avilés...

Alcoa dá ata domingo aos sindicatos para avalar a venta de Avilés e A Coruña a Parter

A multinacional ameaza con executar o ERE o luns se as centrais non dan luz verde á acta de finalización das negociacións

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Alcoa mantén o texto de acta de finalización das negociacións que entregou este xoves aos sindicatos, aos que deu de prazo ata o vindeiro domingo para dar a súa aprobación á venta das plantas de Avilés e A Coruña ao fondo suízo Parter, segundo indicaron este xoves a Efe fontes cercanas ás negociacións.

O documento conta co respaldo de case todas as partes, incluídos os avogados de Comisións Obreiras (CC OO) a nivel estatal, aínda que segue sen o apoio do comité de empresa de Avilés. Os representantes dos traballadores na Coruña respaldan o plan, pero con “matices”.

O documento, fundamental para que a sede de Alcoa en Estados Unidos dea luz verde ao proceso de venta das plantas da compañía na Coruña e Avilés, constitúe unha acta de finalización do proceso que redacta a comisión negociadora do expediente de despedimento colectivo e a comisión de seguimento.

263 TRABALLADORES SERÍAN DESPEDIDOS

As mesmas fontes explican que non descartan que, se os sindicatos non aceptan o texto e non se volve a ampliar o prazo máis alá deste domingo -algo que podería abordarse na xuntanza desta tarde- o ERE poderíase executar o vindeiro luns.

De non haber investidor, acordouse en xaneiro, 263 traballadores da Coruña e Avilés perderían os empregos. Para o resto do cadro de persoal indefinido, Alcoa ofrecía un plan de recolocacións na única fábrica que mantén operativa, San Cibrao, ou xubilacións anticipadas. Ademais, mantería a outros 205 empregados nas fundicións coruñesa e avilesina.

Na reunión mantida o pasado xoves nun hotel de Madrid, os sindicatos presentaron á multinacional un texto alternativo -que incluía modificacións na subrogación do persoal- que foi rexeitado pola compañía, segundo as fontes consultadas, que agregan que o documento de Alcoa inclúe catro cláusulas e un relato dos feitos acontecidos durante o proceso.

O CONTRATO DE COMPRAVENTA, ANTES DO LUNS

Neste sentido, faise referencia a que as partes recoñecen que Alcoa seguiu o proceso de venta segundo o acordado -punto no que os sindicatos trasladaron as súas matizacións-; que se pospuxo ata agosto a execución do despedimento colectivo; que o apoio financieiro de Parter é unha condición suspensiva ou que antes do 7 de xullo tense que suscribir o contrato de compraventa.

Ademais, o texto recolle que o próximo 1 de agosto informarase do proceso de venta ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

O FINANCIAMENTO DE PARTER, IMPRESCINDIBLE

O documento sinala que se o 31 de xullo o fondo suízo Parter -ao que se lle esixiron máis garantías de liquidez para formalizar a compraventa de ambas plantas- conta co respaldo financierio esixido non se procederá ao ERE, mentres que no caso contrario o despedimento colectivo executarase a partir do 1 de agosto.

O GOBERNO INSTA AOS SINDICATOS A DAR O SI

Desde o Ministerio de Traballo trasladouse que o texto é “asumible” para os sindicatos xa que non introduce obrigas distintas ás acordadas o 15 de xaneiro.

Fontes de Alcoa indican que as dificultades para a ratificación, que consideran “importante para todos”, responden a que “todo o mundo quere salvagardar a súa posición“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...