O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa (Peme), Raül Blanco, anunciou na mañá deste venres que os sindicatos e Alcoa alcanzaron un acordo para a venta das plantas de Avilés e A Coruña ao fondo suízo Parter.
Blanco asegurou que non se pechará ningunha das dúas plantas nin se perderá ningún emprego. “O investidor garante un futuro industrial para máis de 600 familias pendentes“, expuxo o dirixente do Goberno central, que expresou a súa satisfacción pola consecución esta madrugada dun acordo despois de doce horas de reunión e meses de negociacións.
A EXPENSAS DO FINANCIAMENTO
Segundo expuxo Blanco, Parter ten a vontade de ir “máis aló dos 24 meses acordados” ate agora. A venta ou a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) quedan a expensas a que o fondo suízo atope financiamento e ofreza garantías a Alcoa antes do 31 de xullo, aínda que neste momento “non se contempla”, sostivo, a posibilidade do despedimento colectivo.
Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.