O Vicedo é o décimo concello de Galicia con máis operacións de compra venta de terras rústicas, segundo o último informe do Observatorio Galego de Mobilidade de Terras.
O concello mariñao ocupa o número dez nunha listaxe que encabezan os municipios de Cariño, Ortigueira, Mañón e Cerdido, da veciña comarca de Ortegal.
O forte peso do sector forestal elevou o número de transaccións nesta zona na que predominan as plantacións de eucalipto, segundo se deduce do estudo que recolle datos entre 2015 e 2017.
As terras de monte son, en xeral, as que maior mobilidade experimentan. Das 9.835 hectáreas que cambiaron de titular en Galicia, dous terzos corresponden a superficie de uso forestal. O resto, a fincas agrarias.
PREZOS POR BAIXO DA MEDIA GALEGA
O informe tamén achega datos sobre o prezo das terras rústicas -superficie agraria útil e monte- por comarcas, que sitúan A Mariña Lucense por debaixo da media galega.
Mentras en Galicia os terreos agrarios cotizaron a 1,79 euros por metro cadrado, na comarca o prezo mediou situouse en 1,37 euros na Mariña Oriental, 1,00 na Central e 0,80 na Occidental.
En canto ao valor do monte, a media galega foi de 80 céntimos fronte aos 38 da Mariña Oriental e Central e aos 40 da Mariña Occidental.