InicioEconomíaAs confrarías galegas elixirán aos seus representantes o 29 de setembro

As confrarías galegas elixirán aos seus representantes o 29 de setembro

Uns 12.600 profesionais do mar están chamados a votar nalgún dos 63 pósitos de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 12.600 profesionais do mar están chamados a participar nas eleccións dos órganos de goberno dos pósitos, das federacións provinciais e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores. Os comicios, segundo a resolución publicada este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG), serán o 29 de setembro

Desde a publicación da convocatoria, os órganos reitores das confrarías estarán en funcións e unicamente poderán realizar actos de simple trámite ou de xestión ordinaria.

Os comicios desenvolveranse en todas as confrarías ao mesmo tempo e comezarán ás 10.00 horas da mañá. Os colexios electorais permanecerán abertos un mínimo de catro horas e un máximo de oito continuadas, segundo o plan electoral de cada confraría.

Os votantes por correo poderán exercer o seu voto ao día seguinte da publicación do censo electoral definitivo, o 27 de xullo e, ata data de proclamación provisional das candidaturas, o 10 de setembro.

TRES PARTES

As eleccións celebraranse en tres partes. En primeiro lugar realizaranse os comicios nas 63 pósitos de pescadores de Galicia, despois celebraranse as votacións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...