InicioEconomíaO PP esixirá ao Goberno en cada concello da Mariña que "fixe...

O PP esixirá ao Goberno en cada concello da Mariña que “fixe data” para o estatuto das electrointensivas

Os populares insisten en liderar unha "fronte común" a prol de Alcoa e presentarán mocións en todos os municipios da bisbarra para instar ao Executivo a que aprobe o documento

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) anunciou que presentará nos 16 concellos da comarca da Mariña Lucense mocións para debater nos plenos urxindo ao Goberno central a aprobar de forma “inmediata” o estatuto do consumidor electrointensivo, co obxectivo de “garantir a viabilidade de Alcoa en San Cibrao” e evitar así que se produzan despedimentos na planta de aluminio.

Deste xeito, tal e como os conservadores adiantaron esta mesma semana diante da fábrica, os populares da Mariña “apostan por traballar de forma conxunta para dar resposta a unha situación que está a xerar incerteza e inseguridade entre os traballadores desta planta que vén de sufrir un importante recorte na súa produción”. Neste senso, non entenden “que nacionalistas e socialistas se centren en buscar culpables e non teñan máis altura de miras para sumarse á fronte” que di liderar o PP.

O PP tamén pedirá na Deputación de Lugo, ao igual que nos 16 municipios mariñaos, que o Goberno “fixe unha data para a aprobación deste documento”. Os conservadores cren que o Executivo en funcións de Pedro Sánchez “non ten escusa, xa que, podería darlle viabilidade ao estatuto a través dun Real Decreto que ratificaría o Consello de Ministros”.

DEFENDEN AO EXECUTIVO DE RAJOY

Os populares defenden ao anterior Executivo estatal, que, segundo afirman, “conseguiu avances para as electrointensivas”. Os conservadores da Mariña Lucense lembran que “o propio ex ministro de Industria (José Manuel Soria) visitou no seu día a fábrica mariñá” e salientan que “foi un Goberno do PP en Madrid e Galicia quen dotou a bisbarra dun gasoduto, cun investimento de 65 millóns de euros que permitiu a rebaixa do custe enerxético da factoría”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...