InicioEconomíaVillares pide a "toda A Mariña" que reivindique a continuidade de Alcoa...

Villares pide a “toda A Mariña” que reivindique a continuidade de Alcoa en Cervo

O alcalde de Cervo sinala que o "benestar" da comarca depende "de que a empresa siga aquí por moitos anos"

Publicada o

- Advertisement -

Oalcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, fixo este martes un chamamento a todos os actores políticos, sociais, sindicais e empresariais da Mariña Lucense para mobilizarse pola permanencia de Alcoa en San Cibrao. Tamén criticou ao Goberno central por non chegar a un acordo sobre os prezos da luz para establecer un canon económico para a multinacional.

Con todo, Villares descartou que en San Cibrao pase o mesmo que nas plantas de Avilés e A Coruña, vendidas a Parter. “Ese grupo investidor está claro que comprou as plantas avilesina e coruñesa para facerse con chan industrial, porque están en zonas urbanas, un chan industrial moi apetecible e ese é o obxectivo e na Mariña, ese solo non ten ese apetito que poida ter un grupo investidor”, dixo.

“SERIO RISCO DE PECHE”

En todo caso, e a ante o “serio risco” de peche da planta de San Cibrao, en Cervo, Villares apelou a que “toda A Mariña” se ten que “xuntar, sen ningún tipo de discurso político nin moito menos. Eu creo que a reivindicación que temos que facer desde A Mariña é da necesidade para a nosa vida, para o noso benestar, de que esta empresa siga aquí durante moitos anos”, proclamou.

O perigo que se cerne sobre a factoría de San Cibrao, di o alcalde, é “algo máis que evidente” despois de que permanezan pechadas 32 cubas de electrolise das máis de 500 que operan na planta de aluminio cervense, e que se rebaixou a produción ata un 11 por cento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...