O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reafírmase en que a planta de Alcoa en San Cibrao está “en risco” de peche e critica ao Goberno central que non concretase “solucións” para esta factoría.
Feijóo lamentou que trala visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, ao complexo industrial da multinacional no concello de Cervo pasaron “xa varios días e non hai información sobre o prezo da tarifa enerxética“.
O presidente inistiu en que “cada minuto que pase” é “un minuto máis de extraordinaria complexidade” para Alcoa. “Non esaxeraba cando dixen no Parlamento que hai risco de peche”, engadiu.
“A Mariña Lucense está na situación máis difícil das últimas décadas. Merecemos un respecto. Ou hai tarifa eléctrica de forma inmediata ou, cada día que pase, será un día menos de Alcoa”, afirmou.
Alcoa anuncia un plan de axuste para cinco anos que prevé desinvestimentos e peches de plantas