InicioEconomíaLlano e Villares chaman a participar na concentración deste xoves por unha...

Llano e Villares chaman a participar na concentración deste xoves por unha “solución” para Alcoa

O rexedor de Burela pide "mostrar o compromiso" co emprego e o de Cervo insiste en que a multinacional precisa "unha axuda" de 100 millóns, o que cre unha cuestión de vontade política

Publicada o

- Advertisement -

Os alcaldes de Burela, o socialista Alfredo Llano, e de Cervo, o popular Alfonso Villares, animaron á poboación da Mariña Lucense a asistir á concentración que se celebrará este xoves na vila burelá (Praza do Concello, 20.30 horas) para reivindicar un abaratamento da enerxía eléctrica ante a situación da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, que a multinacional ve “inviable” sen unha rebaixa do prezo da luz.

“É unha boa oportunidade para mostrar o noso compromiso coa defensa dos postos de traballo da factoría de Alcoa. Agardamos que o respaldo sexa maioritario”, expuxo o rexedor burelao.

Pola súa banda, Villares enviou un artigo de opinión no que afirma que o aluminio fabricado na Mariña Lucense “sempre necesitou dun empurrón ou dunha colaboración estatal para o seu funcionamento”. Así, cifra en “cen millóns” a cantidade que Alcoa precisa para “asegurar a súa viabilidade”.

O alcalde cervense argumenta que eses cen millóns que reclama ao Goberno en funcións para a multinacional “reportarán outros cen millóns en soldos a traballadores directos e indirectos, por non falar de 250 millóns de euros que supón a súa repercusión noutros sectores comerciais e industriais asociados“.

Así, considera que se trata dunha cuestión de vontade política. “Non é cuestión de poder, é de querer“, sostén. Podes ler o artigo completo nesta ligazón. Carta Alcoa, querer é poder

A asociación de veciños Cruz da Venta ou o CD Pescados Rubén Burela tamén mostraron o seu apoio á protesta, así como numerosos comercios de Burela, que pecharán antes para respaldar a concentración. O Concello de Cervo reducirá o horario da piscina municipal e das escolas deportivas co mesmo motivo.

Xove FS e Pescados Rubén Burela, antes do seu partido de Copa Galicia cunha pancarta de apoio aos traballadores. AXM

TEMOR POLO PLAN DE AXUSTE ANUNCIADO

O comité de Alcoa San Cibrao asegurou o pasado xoves que “os ánimos están polo chan” tralo anuncio por parte da compañía estadounidense de que acometerá un plan de axuste para cinco anos no que se inclúe unha redución da produción de alúmina e aluminio, coa posibilidade de pechar plantas e reducir a produción noutras instalacións.

Os sindicatos reclaman ao Goberno central en funcións que mostre o borrador do estatuto das empresas electrointensivas, tal e como lles comprometeu a ministra de Industria, Reyes Maroto, á que piden unha reunión “urxente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...