InicioEconomíaOs traballadores anuncian protestas tras renunciar Reymogasa ao seu contrato en alúmina

Os traballadores anuncian protestas tras renunciar Reymogasa ao seu contrato en alúmina

O comité convoca manifestacións os días 28, 30 e 31 de outubro para que se manteñan as condicións laborais dos 65 empregados afectados

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores da Reymogasa, auxiliar de Alcoa, anunciaron un calendario de protestas tras “renunciar” a empresa “unilateralmente” ao seu contrato de traballo na planta de alúmina.

Segundo anunciou o comité de empresa, os obreiros realizarán manifestacións os días 28, 30 e 31 de outubro de sete a oito da mañá en defensa dos seus postos e condicións de traballo. As mobilizacións partirán dos vestiarios de Reymogasa ata a portería da factoría de Alcoa.

“EXCLUÍDOS” DAS CONVERSAS CON ALCOA

O persoal da empresa de reparacións e montaxes esixe “máis transparencia e información“, pois foi “excluído e informado tarde e mal” das conversas que están a manter Reymogasa e Alcoa.

Así, reclaman “que se garanticen os postos de traballo nas mesmas condicións que na actualidade”. O comité especifica que “os afectados por esta medida son aproximadamente 65 traballadores“.

Os sindicatos solicitan “o apoio de todo o persoal da factoría para preservar os postos de traballo e a defensa da industria na Mariña Lucense“.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...