IniciosociedadeA Mariña solicitou para a corta un millón de m3 de madeira,...

A Mariña solicitou para a corta un millón de m3 de madeira, o 13,6% de Galicia

A bisbarra supón o distrito máis activo da provincia, cun total de 6.604 expedientes dos arredor de 22.000 contabilizados a nivel autonómico no que vai de ano

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense concentrou no que vai de ano o 13,6% do volume de cortas de madeira solicitadas en Galicia. A bisbarra supón o distrito máis activo da provincia de Lugo, cun millón de metros cúbicos de pau solicitado para a corta, a través dun total de 6.604 expedientes

Así o anunciou a Xunta de Galicia no marco da asemblea xeral extraordinaria que celebra a Asociación de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira en Lugo, que prevé que o volume de madeira cortada nos montes lucenses supere no 2019 os catro millóns de metros cúbicos, por riba das cifras de peche do 2018.

A secretaria xeral da agrupación, Nuria Rodríguez, asegura que esa “boa” cifra de curta “indica cara onde vai a sociedade”, cunha “maior demanda de produtos derivados da madeira“, como consecuencia “da reacción que se está a producir ao cambio climático“. Así, expón que “hai unha tendencia cara a economía verde no que o sector forestal ten moito que dicir”.

A PROVINCIA DE LUGO, POTENCIA DO SECTOR MADEREIRO

Na actualidade, 276 empresas forman parte do colectivo, aínda que non todas teñen o seu domicilio social na provincia de Lugo, representando o 48% das empresas do sector en Galicia.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, José Luís Chan, puxo en valor os case oito millóns de metros cúbicos de madeira solicitada este ano para aproveitamento en Galicia, a través de máis de 80.000 peticións de cortaNa xuntanza tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Asemblea da Asociación de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira, en Lugo. AXM

Sobre este total, Chan sinalou que Lugo é unha das provincias máis activas neste sentido. De feito, no que vai de ano concentrou algo máis do 38% do volume de cortas solicitado a través dunhas 22.000 declaracións responsables ou solicitudes de corta (as dúas modalidades que existen de cara aos aproveitamentos madeireiros).

Por distritos, o máis activo da provincia de Lugo en volume de madeira foi o da Mariña. Nesta mesma provincia séguenlle os distritos de Lugo Sarria, con 848.290 metros cúbicos e 5.721 solicitudes, e o da Terra Chá, con outros 684.232 metros cúbicos de 5.597 trámites.

No distrito da Fonsagrada Os Ancares lévanse tramitado 1.563 permisos para cortar un volume de 264.719 metros cúbicos. E, por último, en Terra de Lemos, foron 2.862 solicitudes para 186.592 metros cúbicos.

GALICIA ACUMULA O 55% DOS APROVEITAMENTOS DO ESTADO

Durante a súa intervención, Chan tamén destacou o peso deste sector produtivo na economía de Galicia, onde o pasado ano máis de 80.000 propietarios forestais venderon madeira por un prezo aproximado de 300 millóns de euros. Estes datos foron posibles a que en Galicia se superaron -o pasado ano- os dez millóns de metros cúbicos de madeira, é dicir, máis do 55% de todos os aproveitamentos madeireiros no Estado.

LEGALIDADE MADEREIRA

Doutra banda, Chan lembrou que as obrigas dos madeiristas en materia de legalidade da madeira e, concretamente a obriga de dispor dun Sistema de Dilixencia Debida (SDD), “foron impostas pola Comisión Europea. De igual forma, a declaración anual responsable foi unha obriga establecida polo Estado a través dun Real Decreto”, salientou.

Neste contexto, a Consellería do Medio Rural, ante estas “obrigas interpostas”, está a traballar para “simplificar as declaracións anuais responsables e dotar dun Sistema de Dilixencia Debida a todos os operadores de produtos de madeira galegos, ao abeiro do artigo 104 da Lei 7/2012, de 28 xuño, de montes de Galicia e así facilitarlle aos madeiristas o seu traballo”, argumentou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...