InicioEconomíaRibera dise "optimista" sobre o futuro de Alcoa e afirma que o...

Ribera dise “optimista” sobre o futuro de Alcoa e afirma que o estatuto das electrointensivas está “moi avanzado”

A ministra de Transición Ecolóxica sostén que o documento espera polo "visto e prace" da Comisión Europea

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, mostrouse “optimista” sobre o futuro de Alcoa San Cibrao, dado que o estatuto do consumidor electrointensivo, demandado pola multinacional, que ve inviable a planta de aluminio sen un abaratamento da electricidade, está “moi avanzado” a falta do “visto e prace” por parte da Comisión Europea para evitar que sexan consideradas axudas de Estado “indebidas“.

Neste sentido, lembrou que “o que deixa de pagar Alcoa” pola enerxía págano “todos” os cidadáns, polo que “debe haber un certo compromiso de investimento na mellor eficiencia”.

“Somos bastante optimistas con respecto a esa posibilidade, e a como Alcoa está comprometida co territorio -a comarca da Mariña, neste caso-, coa mellora de procesos innovadores e máis competitivos. É unha boa alianza que nos permite ver con optimismo o futuro da planta”, recalcou.

CRÍTICAS A ENDESA

Menos optimista se mostrou con respecto á planta de Endesa As Pontes, sobre a que dixo que “probablemente teña un percorrido relativamente curto”.

Con todo, a titular do Ministerio para a Transición Ecolóxicatamén se dirixiu á empresa para afearlle que “enganou” coas súas contas para dar unha “falta impresión” de viabilidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...