Os obreiros de Reymogasa continúan as concentracións pola subrogación de 65 empregados

Tras renunciar a auxiliar ao seu contrato de mantemento mecánico no departamento dixestión de Alcoa, os traballadores esixen manter as mesmas condicións laborais para os afectados

Protesta de traballadores de Reymogasa, coa presenza de obreiros de Alcoa. AXM

Os traballadores de Reymogasa continuaron este mércores co calendario de protestas tras renunciar a empresa auxiliar ao contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión do complexo industrial de Alcoa, en San Cibrao.

Os obreiros reclaman a subrogación por parte da empresa que asuma os traballos dos 65 empregados que realizaban estas tarefas, nas “mesmas condicións” laborais. O comité díxose “excluído” das conversas para o novo contrato e esixe “transparencia” no proceso de sustitución empresarial.

ESTE XOVES, NOVA PROTESTA

Segundo informou o comité, ao longo da tarde haberá reunións entre os sindicatos e as empresas. De non frutificar un acordo, os empregados convocaron unha nova protesta para o vindeiro xoves, 31 de outubro, de sete a oito da mañá, cunha marcha desde os vestiarios de Reymogasa á portería do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here