O persoal de Reymogasa retomou este luns as protestas para a subrogación de 65 empregados “nas mesmas condicións laborais” que tiñan nesta empresa auxiliar de Alcoa.
Os obreiros marcharon de novo desde os vestiarios de Reymogasa ata a portería de Alcoa para “defender os nosos postos de traballo”.
A auxiliar de Alcoa renunciou ao contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta de alúmina, situada no complexo industrial de San Cibrao.
Segundo expuxo o comité, os sindicatos foron “excluídos” das negociacións entre as empresas para a asunción destas tarefas. Así, as centrais quéixanse de se lles suministrou información “tarde e mal”, polo que reclaman que se lles inclúa no proceso.
ESTE MARTES, NOVA MOBILIZACIÓN
Se non se satisface a súa esixencia, os traballadores continuarán as protestas este martes, 4 de novembro, e o vindeiro xoves, día 7.