InicioEconomíaEnce Navia retoma a actividade tras investir 113 millóns na parada técnica...

Ence Navia retoma a actividade tras investir 113 millóns na parada técnica anual

Participaron nas obras de renovación da factoría máis de 1.400 contratistas diarios, realizándose 340.000 horas de traballo

Publicada o

- Advertisement -

A biofábrica de Ence en Navia retomou a súa actividade habitual, a produción de pasta de celulosa e a xeración de enerxía renovable, unha vez finalizada a parada necesaria para implantar o proxecto de mellora de eficiencia e aumento de capacidade denominado ‘Navia 80’.

O obxectivo de Ence “foi obter unha mellora na práctica totalidade dos procesos industriais da planta”, grazas a un investimento superior aos 113 millóns de euros. “Aumentouse a eficiencia da biofábrica, ao mesmo tempo que se mellorou o seu comportamento medioambiental de xeito notable”, aseguran desde a empresa, que remarca que “35 millóns destináronse, exclusivamente, a reducir e minimizar os impactos das instalacións na contorna”.

Neste ámbito destacan a optimización do consumo de auga e a mellora da calidade do efluente, así como a erradicación de cheiros e a minimización de ruídos. “Todo iso débese á aplicación na planta naviega das máis modernas tecnoloxías dispoñibles no sector da produción de pasta de papel”, indica Ence.

EN CIFRAS

As cifras desta fase final do proxecto ‘Navia 80’ deixan constancia da magnitude do proxecto. Realizáronse 340.000 horas de traballo. Durante máis dun mes, na biofábrica de Navia traballaron, de media, uns 1.400 contratistas diarios. O día de maior ocupación en planta, o 10 de outubro, rexistráronse 2.043 persoas, sumando empregados Ence e de empresas colaboradoras. En conxunto, foron 185 firmas as que participaron no proxecto, “que estiveron perfectamente coordinadas en materia de seguridade e respecto ao medio ambiente, prioridades estratéxicas de Ence nerxía e Celulosa, logrando resultados moi satisfactorios”, indican desde a empresa.

“A biofábrica centrará agora os seus esforzos en continuar e fortalecer a súa produción de pasta de celulosa de alta calidade, que se exporta no seu maior parte ao continente europeo, así como enerxía, co obxectivo de seguir creando riqueza e favorecendo a actividade económica na súa contorna”, conclúe Ence Navia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...