A compañía Greenalia confirmou este xoves que a obra civil do parque eólico de Ourol, na provincia de Lugo, finalizará “nas próximas semanas” e “estará plenamente operativo durante o primeiro semestre de 2020”. Con cinco aeroxeradores e unha potencia de 22,5 megawatts (MW), contará cun investimento de 26 millóns de euros.
Así o fixo público Greenalia, que anunciou que conectará á rede antes de final de ano os seus primeiros MW coa posta en marcha do seu primeiro parque eólico, o de Miñón, no municipio coruñés de Vimianzo, segundo informou a compañía.
Ambos os parques forman parte do proxecto Eolo I que contempla pór en funcionamento un total de nove plantas eólicas en Galicia antes de que finalice 2020. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.