InicioEconomíaO comité de Muebles Hermida pedirá ao administrador concursal que "desbloquee" o...

O comité de Muebles Hermida pedirá ao administrador concursal que “desbloquee” o pago dos salarios

A situación traballadores, que o 15 de novembro cumprirán catro meses sen cobrar, "é delicada"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Muebles Hermida solicitará ao administrador concursal que designe o xuíz do Xulgado do Mercantil de Lugo, de aprobar a solicitude de concurso voluntario de acredores presentada pola firma de Lourenzá, “desbloquear a situación” no tocante aos atrasos nos pagos, pois o persoal non cobrou as últimas tres nóminas, que serán catro o vindeiro 15 de decembro.

O presidente do comité de empresa, Manolo Franco, que explica que os sindicatos están á espera de que sexa público o nomeamento para “falar co administrador concursal e ver se se pode realizar algún pago. A situación de moita xente é delicada“, salienta o sindicalista.

Franco expón que o comité “non recibiu por agora máis explicacións” por parte da dirección da empresa, e tampouco prevé tomar ningunha medida ata o nomeamento do administrador concursal.

VOLTA AO TRABALLO CON “PROBLEMAS DE MATERIAL”

Este martes, o persoal retomou o traballo aínda que, precisa o presidente do comité, comezan a notarse “problemas de material” como a “escaseza de taboleiros. A xente está moi mal de ánimo”, remarca, sinalando que “o Nadal está aí” e lembrando que o Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) presentado por Muebles Hermida no 2011, que supuxo o despedimento de 75 traballadores, “foi nas mesmas datas”.

A “MAIORÍA DO PERSOAL”, MAIOR DE 50 ANOS

A situación do persoal, con moitos traballadores por riba dos 50 anos, fai que “a súa recolocación sexa complicada”, admite.

Malia que boa parte dos traballadores proceden de Lourenzá, sé da marca, Franco resalta que Muebles Hermida “ten xente de Mondoñedo, Ribadeo, San Cosme de Barreiros, Foz ou Alfoz, polo que o impacto sentiríase en boa parte da Mariña Lucense”.

Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron a presentación da solicitude de concurso voluntario de acredores no Xulgado do Mercantil de Lugo anunciada pola empresa ao seu persoal, unha petición que aínda non foi validada, a falta de revisar se cumpre os requisitos pertinentes.

Na primeira fase do concurso, o xuíz dictaminará se dá luz verde á petición e, de ser así, designará ao administrador concursal. Ademais, acórdase a suspensión dos embargos que o solicitante ten, de xeito que se atraen ao xulgado posibles procedementos que se iniciaran contra o patrimonio do debedor.

Posteriormente realizarase un informe que servirá de diagnose da situación económica e patrimonial, así como do volume da débeda, un documento que de non presentarse alegacións pasa a ser definitivo, ofrecendo un anticipo do que pode ocorrer coa firma, ben chegar a un convenio cos acredores para reflotar a empresa ben a liquidación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...