InicioEconomíaO Goberno abrirá a mesa de negociación de Alcoa trala protesta de...

O Goberno abrirá a mesa de negociación de Alcoa trala protesta de centos de obreiros en Lugo

Executivo e sindicatos iniciarán o proceso de seguimento polo futuro da planta de aluminio o 15 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa da factoría que a multinacional Alcoa ten na Mariña Lucense, José Antonio Zan, saíu este sábado ao balcón da Subdelegación do Goberno de Lugo para informar ás cincocentas persoas que hoxe se manifestaron na capital lucense pola continuidade da fábrica e o mantemento dos postos de traballo que o 15 de xaneiro abrirase unha mesa de negociación co Ministerio de Industria polo futuro da planta de aluminio.

Zan explicoulles aos asistentes que se congregaron na Praza de Armanyá, acompañado pola subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que o seu esforzo para asistir a esta protesta “non foi en balde“, polo compromiso de que o “próximo 15 de xaneiro abrirase a mesa por Alcoa co Ministerio”, da que espera que xurdan “avances” para “poder salvar a fábrica”.

105 MILLÓNS DE PERDAS

En declaracións a EFE, Zan afirmou que o que están defendendo os traballadores de Alcoa é “unha causa xusta”, porque non están “pedindo subvencións”, senón que se poña “o prezo do megavatio para a gran industria parecido ao de Europa, ao de Francia e ao de Alemaña“, porque “o que non é lóxico é que por ter unha fábrica en España salga en 2020 con 105 millóns de perdas“.

Segundo o seu criterio, se non se lle busca solución por parte do Goberno ao prezo da enerxía, “non haberá ningunha industria en España”, porque cobrar “65 euros o megawatio é unha salvaxada industrial” e “saben que si isto segue así, vanlla a cargar”.

Ao redor de cincocentas persoas concentráronse este mediodía de sábado baixo a choiva ás portas da Subdelegación do Goberno de Lugo, detrás de pancartas nas que se podían ler mensaxes como ‘Peches Non‘ ou ‘Enerxía Solución‘, para reivindicar unha solución que permita garantir a actividade da fábrica de Cervo e o mantemento dos postos de traballo.

RESPALDO DE TODAS AS FORZAS POLÍTICAS

Entre os asistentes, deixáronse ver representantes de todos os partidos políticos, cunha notable representación do Partido Popular, o Partido Socialista e o BNG, así como coa presenza de portavoces de En Marea, Esquerda Unida e Unidas PodemosCiudadanos.

O presidente do comité de empresa agradeceu a presenza dos traballadores que se desprazaron a Lugo e da xente que veu apoialos, porque realmente había “moita xente” na manifestación e “o chamamento” ao apoio social fixo efecto, malia que son “unhas datas moi difíciles”.

SEMANA “DECISIVA”

Zan explicou que a “semana que vén” é moi importante para os intereses dos traballadores de Alcoa, porque ademais da celebración da poxa de interrompibilidade, o luns vanse a reunir co presidente da Xunta de Galicia e o mércores viaxarán ata Madrid para estar presentes no Congreso dos Deputados.

“Separadamente vainos recibir en Génova Pablo Casado“, engadiu, e os representantes do comité de empresa van ter “conversas con todos os grupos políticos”.

“NON QUEREMOS EMIGRAR”

“Esperemos que todos entren en razón e entendan que o que estamos defendendo é xusto, porque non estamos pedindo nada que non teñamos que pedir”, engadiu, simplemente “poder traballar, poder competir e non ter que emigrar“.

Porque Zan recordou que, con independencia de que Alcoa manteña ou non a súa actividade na planta da Mariña, “está claro que si non baixa o prezo da enerxía, é inviable ter fábricas de aluminio, de aceiro ou de calquera outro metal en España”.

De feito, insistiu en que si o prezo da enerxía mantense nos parámetros actuais “as empresas electrointensivas veríanse abocadas ao peche”. “Todas elas”, concluíu. En Galicia xa foi vendida Alcoa A Coruña.

Aos traballadores de Alcoa que hoxe se manifestaron polas rúas da capital lucense tamén se sumaron residentes na propia cidade e membros da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, que ata despregaron unha pancarta propia en defensa dos postos de traballo na fábrica da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...