Norvento, especializada en enerxías renovables, finalizou a construción dos seis novos parques eólicos na provincia de Lugo. Segundo informa a empresa nun comunicado este martes, están operativos os parques de Neda, Sasdónigas I e II, A Pastoriza, Cadeira e Carracedo, que supoñen un total de 128 megawatios de potencia, o equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.
A instalación Neda (34,65 MW) está situada en Abadín e A Pastoriza; no municipio abadinense e en Mondoñedo ubícase Sasdónigas II (10 MW) e Carracedo (9 MW); Cadeira (18 MW), en Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá; Sasdónigas I (18 MW) atópase no concello mindoniense e A Pastoriza no termo municipal do mesmo nome (48 MW), ademais de no riotortense e en Mondoñedo.
Os parques xa están todos en funcionamento e catro deles xa se atopan envorcando enerxía á rede eléctrica “desde fai meses”.
A compañía calcula que os novos parques de produción de enerxía eólica evitarán a emisión de “catro millóns de toneladas de CO2” durante a súa vida útil. Ademais, xerarán uns 19 millóns de euros para administracións locais e autonómicas en concepto de taxas e impostos nos lugares onde se sitúan, segundo Norvento.
POLÉMICA POR SUPOSTOS DANOS NO CAMIÑO
Podes ler a información completa no Lugo Xornal.