InicioEconomíaAlcoa inicia o seu plan de axuste co peche da planta de...

Alcoa inicia o seu plan de axuste co peche da planta de alúmina de Texas

Nin Red Eléctrica nin a multinacional confirman os resultados da interrompibilidade, que segundo algúns medios fixeron caer nun 95% a cantidade a repartir entre os participantes

Publicada o

- Advertisement -

A poxa de interrompibilidade continuou este mércores con malos presaxios para os empregados de Alcoa San Cibrao. A falta de confirmación oficial por parte de Red Eléctrica Española (REE) e da multinacional, a subasta de interrompibilidade reduciu drasticamente a cantidade a repartir entre as empresas participantes. Unha nova á que se sumou o anuncio do peche da planta de alúmina de Texas, co que a compañía inicia o plan de axuste avanzado en outubro.

Segundo recolleu El Periódico de la Energía, o resultado da subasta para os primeiros meses de 2020 caerá un 95%, polo que repartirá cinco millóns de euros, fronte aos 96 garantidos na poxa para o último semestre de 2019.

A publicación basea este prognóstico en que os primeiros 50 bloques de cinco MW subastáronse a un prezo medio de 8.414 euros/MW/ano, un 88% do custo de promedio dos mesmos lotes no pasado mes de xuño.

Os traballadores temen o peor despois dunha subasta na que Alcoa é a principal prexudicada das novas condicións de partida e tralo anuncio do peche da planta de alúmina de Point Confort, Texas, segundo informou Economía Digital ou medios estranxeiros como Aluminum Insider.

Segundo este medio, o conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey, anunciou o peche asegurando que a factoría “non é rentable” debido á caída dos prezos e avanzou que a multinacional desembolsará 160 millóns de euros para levar a cabo o seu peche definitivo. Un total de 45 empregados traballan na planta texana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...