Os empregados de once auxiliares de Alcoa únense nunha plataforma ante a situación de San Cibrao

Os sindicatos aseguran que a súa voz "tamén debe ser escoitada", pois 650 traballadores "dependen ao 100%" do complexo da multinacional en Cervo

Instalacións de Alcoa en San Cibrao. EFE/Eliseo Trigo

Este luns constituíuse a Plataforma Coordinadora de Traballadores de Auxiliares de Alcoa, que segundo expuxo o colectivo a través dun comunicado de prensa “nace ante os difíciles retos que a factoría de San Cibrao atravesa, creándonos a necesidade de dar voz ao milleiro de obreiros que traballamos directamente para a multinacional en empresas auxiliares”.

A plataforma foi fundada no salón de actos do edificio dos sindicatos en Viveiro, cunha asistencia de 30 delegados das empresas Reymogasa, Cotelsa, Cyrgasa, Terpil, Jofrasa, Noguera, Industrias Xove, Pasek, Garmil, Maesa e Isotrón. Cunha masa social representada duns 650 traballadores/as.

Os empregados destas empresas consideran que “a nosa organización é unha cuestión de supervivencia” e reivindican que “a nosa voz debe ser escoitada, porque o noso posto de traballo tamén depende ao 100% da factoría de San Cibrao”.

Por votación unánime acordouse a creación da citada plataforma, así como a representación que cada sindicato terá na mesma, a cal estará constituída por nove membros, tres en representación de cada sindicato (CIG-CCOO-UGT).

O LUNS 30, PRIMEIRA REUNIÓN

A primeira reunión da coordinadora como tal será o vindeiro luns, 30 de decembro. Os promotores aseguran que se representa, entre as once empresas mencionadas, a unha masa social de 650 traballadores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here