InicioEconomíaO PP anuncia que pedirá no Parlamento galego "unha alternativa urxente" para...

O PP anuncia que pedirá no Parlamento galego “unha alternativa urxente” para Muebles Hermida

Os conservadores resaltan que a laurentina é unha empresa chave para A Mariña que "non ten problemas de posicionamento no mercado"

Publicada o

- Advertisement -

Representantes do Partido Popular reuníronse este venres co comité de empresa de Muebles Hermida, firma que solicitou o concurso voluntario de acredores. Os deputados autonómico e provincial do partido conservador, Daniel Vega e Javier Castiñeira, comprometéronse a solicitar nas Administracións que o Fondo de Garantía Social (Fogasa) -organismo dependente do Goberno Central- axilice os pagos pendentes, e que corresponden ao salarios dos meses de setembro a novembro. Así o anunciou a formación política a través dun comunicado de prensa.

Os populares analizaron conxuntamente coa parte implicada, constando “a dramática situación” que está a vivir a empresa que ten na actualidade 97 traballadores, e todos eles con carácter indefinido. Moitos dos traballadores, que recentemente cobraron medio salario de agosto, viven momentos complicados, con familias numerosas ou hipotecas que afrontar.

Neste senso, tanto Vega como Castiñeira, lamentan que “estamos a falar dunha empresa na que o problema non é falta de mercado”, xa que, defenden, “está perfectamente situada e preparada para competir”.

Por este motivo, dende o PP inciden na “necesidade” de que se busque unha alternativa “con máxima urxencia” para garantir a viabilidade da mesma e o mantemento dos preto de 100 postos de traballo que xera na localidade e na comarca.

TODOS OS PARTIDOS PIDEN Á XUNTA QUE SE IMPLIQUE

“Vimos a coñecer de primeira man como están este traballadores e, sobre todo, arrimar o ombro para que, entre todos, traballemos para que Muebles Hermida siga tendo actividade nas mesmas condicións que ata que entrou en concurso de acredores. Así llelo trasladamos e así o faremos onde temos representación”, afirmaron. Refírense así os populares á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia, a través do Parlamento galego.

Precisamente a implicación do Goberno galego é unha demanda tanto da corporación municipal laurentina -que integran PSdeG-PSOE, PP e BNG– como dos partidos socialista e nacionalista e tamén de En Marea, que solicitaron á Xunta que medie para un plan de viabilidade, unha opción que por agora descarta o Goberno autonómico, malia que ao longo dos anos inxectou cartos públicos en Muebles Hermida. De feito, parte da débeda da firma é co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

CARTEIRA DE “5.000 CLIENTES”

E é que unha posible liquidación da empresa suporía “un ataque á economía local e tamén da zona, que xa se está a ver gravemente prexudicada coa inestabilidade e incertidume que vive tamén Alcoa”. Vega e Castiñeira considera que “non podemos quedarnos quietos porque no caso que nos ocupa, estamos a falar de que Muebles Hermida conta con importantes provedores, da talla de Finsa, El Corte Inglés, Telefónica ou mesmo outros clientes tamén relevantes doutras comunidades como pode ser a do País Vasco”.

En total, dispón dunha carteira de clientes que chega aos 5.000 e un volume de facturación de 6 millóns de euros. O custe económico dos 97 postos de traballo ascende a uns 210.00 euros mensuais. O peso que ten a entidade en Lourenzá e nos concellos limítrofes demóstrase tamén en que chegou a ter 250 empregos cando tamén tiñan a filial en Ourense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...