InicioEconomíaA Deputación reclama medidas á Xunta para garantir o emprego en Muebles...

A Deputación reclama medidas á Xunta para garantir o emprego en Muebles Hermida

As tres forzas políticas da corporación provincial asinan unha declaración institucional que require a Fogasa axilizar os pagos dos salarios que a empresa debe ao persoal

Publicada o

- Advertisement -

A corporación provincial aprobou por unanimidade no Pleno ordinario celebrado este martes reclamar medidas á Xunta de Galicia que garantan o futuro de Muebles Hermida e o mantemento dos seus preto de cen postos de traballo, así como o deseño dunha política de incentivos que contribúa a manter as empresas lucenses e a captar novas industrias e instar ao Fondo de Garantía Social (Fogasa), organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Traballo, a que axilice o antes posible o pago dos salarios que a firma debe ao persoal.

A proposta en apoio da empresa que xa tiña rexistrada dende o 26 de decembro o goberno provincial e que figuraba na orde do día para o seu debate no Pleno de hoxe foi transformada nunha declaración institucional que contou coa unanimidade da Corporación despois de que o PP se sumase a última hora á iniciativa do Executivo do PSOE e BNG, solicitando esta mesma mañá unha xunta de voceiros para plantexar a adhesión á proposta do executivo, algo que este aceptou.

Os grupos provinciais amosan na declaración institucional o seu “apoio, solidariedade e compromiso cos traballadores e traballadoras de Muebles Hermida e as súas familias”, ao tempo que esperan que “o administrador concursal habilite canto antes a posibilidade de que os empregados perciban os salarios canto antes”.

Muebles Hermida, que dá traballo a preto de 100 empregados en Lourenzá e que é a principal empresa da localidade, está atravesando unha complexa situación económica que fixo que os traballadores deixasen de percibir os seus salarios despois do verán e que se saldou coa solicitude do concurso de acredores a comezos de decembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...