InicioEconomíaO persoal de Muebles Hermida acepta o Erte co 63% dos votos

O persoal de Muebles Hermida acepta o Erte co 63% dos votos

Administrador concursal e comité de empresa negociarán unha supresión do emprego durante un máximo de nove meses para atopar un comprador que reflote a moblería de Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Muebles Hermida aceptou este martes nunha asemblea celebrada no consistorio de Lourenzá o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte), dun máximo de nove meses, proposto polo administrador concursal da empresa, que no pasado mes de decembro solicitou o concurso de acredores.

Dos 93 traballadores con dereito a voto, 59 pronunciáronse a favor, por 28 en contra. Houbo cinco sufraxios en branco. Deste xeito, comité de empresa e administrador concursal negociarán nos próximos días a supresión dos empregos.

O Erte foi proposto polo administrador concursal, Javier Reigosa, para atopar comprador ou investidor, “única alternativa” á liquidación da empresa, que acumula unha importante débeda e que nas últimas semanas apenas recibiu materia prima coa que afrontar os pedidos.

O presidente do comité de empresa, Manolo Franco, agarda que o proceso “se axilice rápido e se adianten os prazos, porque sería a forma de non perder de cobrar o mes de xaneiro. Doutro xeito iría contra a masa“, explica.

“A única saída é agardar que haxa un investidor, é a esperanza que temos”, sinala Franco, que asegura que se fala “dun par de ofertas“, pero que por agora non se optou á compra en firme.

Segundo o previsto, os traballadores deben volver aos seus postos o día 13 tralas vacacións de Nadal, aínda que Franco precisa que se negociará un permiso retribuído para o persoal ata que se pacte o Erte.

Os empregados, que acumulan catro meses sen cobrar -percibiron medio mes de agosto na pasada Noiteboa-, tramitaron este mesmo martes a solicitude ao Fondo de Garantía Social (Fogasa) para que asuma tamén a mensualidade de decembro, ao igual que fixeron con setembro, outubro e novembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...