A plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que nas últimas semanas o servizo diario Oviedo-Ferrol está a chegar a Ribadeo cuns retrasos de 20 ou 30 minutos sobre o horario establecido cada día.
Estas dilacións, lamenta o colectivo, afectan a outras liñas. Así, o cruce previsto co servizo Ferrol-Ribadeo das 19.05 á altura de Ortigueira retrasase outros tantos minutos ata o final de traxecto.
A plataforma asegura que “estas incidencias non son producidas por avarías nin por falta de persoal” e lamenta “a pasividade de Renfe, que instaura un retraso de media hora como habitual, sen mediar comunicación nin aviso”.
SUPRESIÓN
A plataforma engade que este mércores suprimiuse o traxecto Ferrol-Oviedo das 15.30 horas, que se realizou por autobús.