“Renfe instaurou como habitual un retraso de media hora sen aviso”

A plataforma pola defensa do ferrocarril denuncia que estas incidencias non se deben "nin a avarías nin a falta de personal"

Tren de Feve. AXM

A plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que nas últimas semanas o servizo diario Oviedo-Ferrol está a chegar a Ribadeo cuns retrasos de 20 ou 30 minutos sobre o horario establecido cada día.

Estas dilacións, lamenta o colectivo, afectan a outras liñas. Así, o cruce previsto co servizo Ferrol-Ribadeo das 19.05 á altura de Ortigueira retrasase outros tantos minutos ata o final de traxecto.

Retrasos do pasado mércores. PLATAFORMA POLO FERROCARRIL FERROL-RIBADEO

A plataforma asegura que “estas incidencias non son producidas por avarías nin por falta de persoal” e lamenta “a pasividade de Renfe, que instaura un retraso de media hora como habitual, sen mediar comunicación nin aviso”.

SUPRESIÓN

A plataforma engade que este mércores suprimiuse o traxecto Ferrol-Oviedo das 15.30 horas, que se realizou por autobús.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here