IniciosociedadePortos anuncia melloras estruturais na nave de redes de Celeiro e o...

Portos anuncia melloras estruturais na nave de redes de Celeiro e o derrubo da antiga de xeo

O ente portuario actuará para responder "ás necesidades máis inmediatas" da construción, danada polos temporais de decembro, e elaborará un proxecto técnico para asegurar o inmoble

Publicada o

- Advertisement -

Portos de Galicia anunciou este luns que acometerá “traballos de urxencia” para reparar a nave de redes do Porto de Celeiro, que sufriu danos na cuberta ao soltarse varias pranchas do teito como consecuencia dos temporais de finais de decembro, e realizar posteriormente “melloras na estrutura” que “eviten que casos coma este se repitan no futuro”.

A presidenta do ente portuario da Xunta de Galicia, Susana Lenguas, visitou este luns o peirao celeirense, onde mantivo unha reunión cos representantes da confraría de pescadores local co obxectivo de coñecer e analizar as actuacións que é necesario realizar neste peirao para mellorar os servizos aos usuarios.

Portos de Galicia asegura que vai actuar “con carácter de urxencia” para facer fronte aos danos causados polo temporal e “responder ás necesidades máis inmediatas” e elaborará posteriormente un proxecto técnico para contratar as actuacións necesarias para mellorar o estado do inmoble o “antes posible”.

INCENDIO NA NAVE DE XEO

A presidenta do organismo dependente da Xunta tamén visitou a antiga nave de xeo de Celeiro, que sufriu un incendio a finais de ano, e analizou co sector a súa situación. Lenguas afirmou que está previsto limpar de xeito inmediato o seu interior e adiantou que a continuación Portos de Galicia procederá a contratar un proxecto para o seu derrubamento.

A DRAGAXE DO PORTO, SEN DATA DE INICIO

A presidenta de Portos de Galicia e os representantes da confraría de pescadores de Celeiro aproveitaron a xuntanza para analizar tamén outros proxectos “previstos para este ano”, como a dragaxe do porto ou o reforzo do dique comercial, así como outras actuacións de mellora de distintas infraestruturas como distintas naves portuarias ou pantaláns. O ente público “analizará as necesidades máis urxentes”, expuxo Lenguas, “e estudará o xeito de actuar coa maior celeridade posible para facilitar o traballo diario dos usuarios deste peirao lucense”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...