InicioEconomíaVillares ve unha "falta de preocupación absoluta" do Goberno pola situación "da...

Villares ve unha “falta de preocupación absoluta” do Goberno pola situación “da Mariña”

O alcalde de Cervo critica que tralo primeiro Consello de Ministros o escenario "é o mesmo", ao non aprobarse o estatuto das electrointensivas

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, acusou este mércores ao Goberno de Pedro Sánchez, ante a situación de Alcoa, de “non preocuparse da Mariña Lucense, Lugo ou Galicia“.

O rexedor fixo estas críticas ao Executivo despois de que o primeiro Consello de Ministros non abordase a elaboración dun estatuto para as empresas electrointensivas, que rebaixaría o prezo da enerxía co fin de evitar “un posible peche” da fábrica de aluminio de San Cibrao, que a multinacional ve “inviable” co actual prezo da enerxía. A ministra de Industria, Reyes Maroto, comprometérase en San Cibrao á aprobación do documento “nada máis” houbese Goberno, como lembraron na mañá deste mércores os sindicatos.

“Vexo que existe unha absoluta despreocupación por resolver un problema tan importante para A Mariña de Lugo, do que dependen miles de familias (estímase que máis de 5.000) que dependemos da nosa empresa de aluminio durante máis de 40 anos”, censurou, recordando que “xa non hai Goberno en funcións”.

“Levamos máis dun ano e medio para elaborar este estatuto de empresas electrointensivas e debera dar tempo a escribir negro en branco todo o que había que escribir e facer para resolver un problema que temos todos os lucenses”, expuxo.

“Onte (martes) foi o primeiro Consello de Ministros e a situación segue sendo a mesma”, remarca Villares, que subliña que “eu xa argumentei que non é necesario que o estatuto podería ser aprobado en funcións”, e que entende que a situación da Mariña “é preocupante. E simplemente por unha razón, porque o Goberno non está preocupado pola situación de miles de familias”, rematou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...