InicioEconomíaO comité de Reymogasa suspende as protestas tras chegar a un acordo...

O comité de Reymogasa suspende as protestas tras chegar a un acordo con Dominion

A nova adxudicataria do mantemento mecánico no departamento de dixestión de alúmina acepta subrogar 65 empregados da auxiliar de Alcoa co mesmo convenio laboral

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Reymogasa chegou este mércores a un acordo con Dominion I & I, adxudicataria do novo contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta de alúmina de San Cibrao, para a subrogación de 65 traballadores co mesmo convenio do que desfrutaban na auxiliar de Alcoa.

Os obreiros iniciaron na mañá deste mércores o calendario de protestas aprobado en asemblea, cunha marcha cara a portería do complexo industrial de Cervo, onde cortaron de 5.00 a 8.00 horas os accesos e saídas ao mesmo. O acordo do persoal incluía o mesmo procedemento os días 16 e 17, a negativa a facer horas extras e unha folga o día 20, precisamente na xornada na que se fará efectiva a subrogación dos compañeiros e na que entrará en vigor o novo contrato.

“Paralizamos as mobilizacións e calquera tipo de medida de presión pois Dominion aceptou todas as condicións laborais do anterior contrato, a subrogación farase respectando ao 100% o convenio”, expuxo o presidente do comité de empresa de Reymogasa, Javier Prado.

FIN A UNHAS MOBILIZACIÓNS INICIADAS EN OUTUBRO

Unha das cuestións que a nova adxudicataria tentou introducir era a rescisión, durante seis meses, do dereito á folga dos traballadores, o que preocupaba aos sindicatos porque lles restaría un instrumento de control durante os primeiros meses de contrato. “Finalmente anulouse e non o poderán cumprir”, indica o sindicalista.

“Estamos satisfeitos co acordo, pero fixo falta a mobilización de hoxe e o traballo anterior”, explica Prado, que alude a que as primeiras protestas para conseguir blindar os dereitos laborais conquistados no convenio comezaron a finais do pasado mes de outubro.

PIDEN DESCULPAS AOS AFECTADOS POLO CORTE EN ALCOA

Desde o comité de empresa de Reymogasa piden desculpas polas molestias aos afectados polo corte realizado na entrada e saída do complexo industrial de San Cibrao. “Comezamos ás 5.00, de xeito que os que estaban de noite non podían saír ata que entrasen os da quenda da mañá. Lamentámolo, pero non nos quedou outra opción”, sinala Prado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...