InicioEconomíaA ministra de Industria insiste en que o estatuto das electrointensivas aprobarase...

A ministra de Industria insiste en que o estatuto das electrointensivas aprobarase “moi pronto”

Lugo acolle este xoves a reunión a catro bandas entre sindicatos, Alcoa, Goberno e Xunta para abordar o futuro do complexo industrial de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, insistiu este xoves en que o Estatuto para o Consumidor Electrointensivo, que incluirá medidas para paliar o impacto do custo da enerxía nos grandes consumidores industriais, estará listo “moi pronto” porque a súa elaboración atópase xa “na súa fase final”.

“O estatuto está xa na súa fase final e é unha prioridade para o Goberno; e, polo tanto, estamos convencidos de que vai estar moi pronto”, explicou Maroto tras asistir á inauguración do XI Fórum de Investimento e Negocio Turístico en África, que se celebrou no marco de Fitur.

A ministra mostrouse convencida de que a aprobación do estatuto permitirá “trazar un horizonte máis tranquilo de catro anos” e definir a política industrial “que necesita o país”, que debe basearse -dixo- “non só no prezo da enerxía senón tamén na competitividade da industria”.

Os traballadores da industria electrointensiva, entre eles uns 300 mariñaos, obreiros do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, manifestáronse onte entre o Ministerio de Transición Ecolóxica e o de Industria, e concentráronse ante o Congreso dos Deputados para reclamar medidas que garantan a competitividade do sector industrial.

ESTE XOVES, REUNIÓN A CATRO BANDAS EN LUGO

Este xoves, ás 13.00 horas, comité de empresa de Alcoa, representantes da multinacional, do Goberno -o secretario xeneral de Industria e da PYME do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Raül Blanco– e da Xunta de Galicia -o conselleiro de Economía, Francisco Conde– reuniranse en Lugo, na mesa de seguimento polo futuro da planta de aluminio, onde a compañía estadounidense parou 32 cubas e que, segundo a dirección, é inviable co actual prezo da luz.

Os traballadores xa advertiron de que, sen o estatuto das electrointensivas sobre a mesa, a reunión servirá “para falar do tempo“. Lembraron tamén que a propia Maroto comprometeuse en San Cibrao a aprobar o documento “nada máis houbese Goberno” tralas eleccións, promesa incumprida ao celebrarse tres Consellos de Ministros sen que se producise a súa aprobación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...