Gondán construirá o catamarán máis rápido dos fabricados en España

A división de fibra encargarase da construción da embarcación nun prazo de nove meses

Catamarán do asteleiro castropolense premiado no 2017. AXM

Astilleros Gondán construirá na súa división de fibra un catamarán de pasaxeiros que será –segundo explicou a compañía- “o máis veloz dos construídos en España ata o momento”. A factoría naval anunciou este luns a sinatura deste novo contrato que contempla a construción en nove meses.

O barco será impulsado por dous motores de 3.000 CV cada un e alcanzará unha velocidade de 34 nudos a plena carga”, segundo detallou a compañía ubicada en Castropol nunha nota informativa.

DISTINCIÓNS

Da factoría de Gondán xa saíron no último ano outras catro unidades deste tipo de embarcacións, encargadas por Balearia para operar entre as illas de Ibiza e Formentera. O primeiro destes barcos foi recoñecido como a construción naval máis destacada de 2017 polo Colexio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos.

O astaleiro, fundado en 1925, incorporou en 2009 unha liña de produción de cascos de fibra de vidro para adaptarse á demanda de embarcacións que requiren menor prazo e presuposto que os grandes barcos para armadores españois e internacionais que construíu nas décadas dos setenta e oitenta.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here