Eduardo Míguez, de Porto de Celeiro, elixido presidente do comité de produtos do mar de AECOC

A empresa agarda ter "unha representación máis sólida" na agrupación de fabricantes e distribuídores e adquire responsabilidades en sostibilidade ou investigación

Eduardo Míguez. YOUTUBE/GALICIA CALIDADE

Eduardo Míguez, o director adxunto da empresa Porto de Celeiro, foi elixido presidente do comité de produtos de mar da Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), no marco das reunións sectoriales que a asociación mantén cos seus asociados, segundo informou a empresa.

Míguez xa ocupara este cargo con anterioridade. Con todo, con este nomeamento Porto de Celeiro logra unha representación máis “sólida” en AECOC e adquire a responsabilidade de velar polo sector en materias de sostibilidade ou investigación e desenvolvemento.

CONGRESO ANUAL

O sector pesqueiro enfróntase a novos desafíos sobre os que Míguez expresou que “AECOC debe estar lista para dar resposta aos seus asociados”. Un dos grandes retos que se lle presentan é a organización en xuño do XXI Congreso anual en Baiona, ao que asisten máis de 300 compañías do sector de produtos de mar.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here