InicioEconomíaEntra en vigor o Erte de Muebles Hermida, con 93 obreiros afectados...

Entra en vigor o Erte de Muebles Hermida, con 93 obreiros afectados e un prazo límite de nove meses

A aprobación do expediente supón "un alivio" para os traballadores ante a falta de ingresos tras cinco meses sen cobrar, pois poderán desde o luns solicitar o paro

Publicada o

- Advertisement -

O Expediente de Regulación de Emprego Temporal (Erte) pactado entre os sindicatos e o administrador concursal de Muebles Hermida entrou este venres en vigor, segundo confirmou o comité de empresa da moblería de Lourenzá. O Xulgado do Mercantil da provincia de Lugo aprobou o auto pertinente e a documentación está lista para ser presentada na Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), a fin de poder solicitar o paro desde o vindeiro luns.

A aprobación do Erte trátase dun “alivio” para os 93 traballadores afectados, segundo apunta o presidente do comité de empresa, Manolo Franco, dado que acumulan cinco meses sen cobrar. Á espera de que o Fondo de Garantía Social (Fogasa) aboe as nóminas de setembro, outubro, novembro e decembro, que os obreiros esperan percibir a mediados de febreiro, e a cambio de gastar a prestación por desemprego, o persoal terá por fin ingresos cos que afrontar o día a día.

A VENTA, ÚNICA ALTERNATIVA Á LIQUIDACIÓN

“É algo de aire porque a situación é complicada pola falta de ingresos”, asegura Franco, que sinala que, en vista da delicada situación de Muebles Hermida, o Erte “é a mellor das solucións posibles. A esperanza que temos é que a compre alguén incluíndo o 100% do persoal, iso sería o ideal. Se segue a dirección actual, unha inxección de capital non serviría para nada“, asegura o sindicalista.

Segundo o acordado, a suspensión dos contratos terá un prazo máximo de 270 días (nove meses) á procura dunha venta, única opción que se contempla como alternativa á liquidación de Muebles Hermida. Os obreiros afectados non perderán a súa antigüidade na empresa e poderán traballar tanto por conta allea como en rexime de autonómos, debendo ser avisados como mínimo con oito días de antelación se existen posibilidades de continuar na moblería laurentina.

Sobre unha posible venta, o comité explica que “por agora non sabemos nada, nin se saberá seguramente ata que se leve a cabo”. Malia que a previsión inicial do administrador concursal, Javier Reigosa, era que nun prazo de tres ou catro meses poidese haber novidades, non hai por agora fixada unha data para unha reunión de seguimento sobre o proceso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...