InicioEconomíaFeijóo fará unha "fronte común" con Asturias e Cantabria para a mellora...

Feijóo fará unha “fronte común” con Asturias e Cantabria para a mellora do estatuto, a “sentenza” de Alcoa

O presidente da Xunta comprométese co comité a ir da man con outras comunidades e anuncia en San Cibrao alegacións ao documento, "a acta de defunción" das electrointensivas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa da factoría da multinacional Alcoa no municipio lucense de Cervo reclamou ao responsable da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, establecer unha “fronte común” coas autoridades do Principado de Asturias e da comunidade de Cantabria para rebaixar o prezo da enerxía ás empresas electrointensivas co fin de salvagardar o emprego.

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, e unha delegación de traballadores, tras reunirse co presidente do Goberno galego, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, advertiu de que se non hai unha solución aos seus problemas, o período ata os comicios autonómicos galegos, o 5 de abril, desenvolveranse “en estado de guerra“.

SEN “SOLUCIÓNS”, O COMITÉ ESTARÁ “EN ESTADO DE GUERRA”

Zan queixouse da postura do Goberno central na demora da aprobación do texto do denominado estatuto para as empresas electroaintensivas, que está aumentando a incerteza entre os traballadores.

“Solicitamos ao presidente da Xunta que se forme unha fronte común entre as comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria”, comentou Zan, co fin de “tratar de solucionar esta grave crise na que nos meteu o proxecto de estatuto que elaboraron os ministerios de Industria e Transición Ecolóxica“.

OS SINDICATOS DIN QUE “8.000 FAMILIAS” ESTÁN “EN PERIGO”

Ao seu xuízo, a reforma sobre a enerxía suscitada polo Goberno puxo en perigo, só na Mariña Lucense, a máis de 8.000 familias” e “sería unha auténtica catástrofe se se levase a cabo”.

En canto ás alegacións ao estatuto presentadas pola Xunta e as que hoxe mesmo remitiu o propio comité de empresa, subliñou que ambas están “bastante de acordo”, porque piden unhas condicións similares ás de países da contorna para favorecer a competitividade.

“Non entendemos por que o Goberno está facendo caso omiso e non aproba o mesmo que no resto de Europa. Non somos un país de terceira. Queremos o prezo da enerxía por baixo de 40 euros o megawatio/hora e querémolo xa”, dixo o presidente do comité.

Nese sentido, sinalou que todos se comprometeron co comité a traballar para buscar unha solución”, pero advertiu de que “se nos declaran a guerra pechándonos a fábrica, nós imos actuar como tal” e apuntou a posibilidade de lanzar unha ofensiva de mobilizacións.

“Este proxecto de estatuto non vale para nada. Díxeno por activa e por pasiva. Se levan un ano con este estatuto no caixón, mellor fose que o queimaran e fixesen un novo. É vergoñente que logo dun ano se nos presente esta auténtica barbaridade industrial, que é o que levan facendo desde o principio”, resolveu.

Feijóo, na xuntanza. AXM

FEIJÓO INSISTE EN QUE O DOCUMENTO BENEFICIA A EMPRESAS “CATALÁS E VASCAS”

Pola súa banda, o presidente da Xunta asegurou que “van pasando os meses” e “estamos cada día nunha situación máis delicada e perigosa“, de aí “a inquietude do comité de empresa e das familias” polo emprego.

“Non só están as dous mil obreiros que cobran a nómina de Alcoa”, dixo Feijóo, senón que “hai oito mil familias afectadas pola ameaza de peche de Alcoa na Mariña”.

Nese sentido, sinalou que nos últimos once anos houbo un labor para que a multinacional estadounidense “Alcoa tivese un prezo da enerxía competitivo” na súa fábricas en Galicia e España, “ata o 2018”, algo que se conseguiu “con dificultades”, pero con garantías de “viabilidade” aplicando tarifas de 35 a 37 euros por megawatio, pero agora están de 47 a 55 euros.

“Alcoa así non é viable”, dixo Feijóo, porque a empresa perdeu 18 millóns en 2018, entre 50 e 60 en 2019 e comezou 2020 con “maior incerteza“, dixo.

O borrador do estatuto das empresas electrointensivas “no canto de ser unha garantía para que sexan viables” as empresas con gran consumo de enerxía, supón “unha sentenza clara para que vaian pechando de forma consecutiva”, opinou.

CIFRA O PREZO DO MW/H “ENTRE 47 E 55 EUROS”

Ao seu xuízo, ese texto “é peor que calquera proxecto que se puidese valorar ou imaxinar”, porque hai “menos diñeiro” e a repartir entre “máis empresas“, dado que os posibles beneficiarios pasan de 119 a 600.

Segundo o presidente galego, as 450 novas empresas que poderían beneficiarse destas axudas son maioritariamente “vascas e catalás“.

Ao seu xuízo, “é un tema moi serio, moi grave. Como Goberno da Xunta non o imos permitir. Este estatuto é a acta de defunción das empresas que utilizan a enerxía como materia prima determinante”, lamentou.

Na mesma liña, opinou que o Goberno central, tras “pechar as centrais térmicas en España”, agora “quere pechar tamén as empresas electrointensivas. A nós aféctanos de forma moi especial”, porque ademais de Alcoa, que é a principal, hai un conxunto de industrias que se verá afectado.

A XUNTA PIDE MENOS IMPOSTOS PARA AS HIPERELECTROINTENSIVAS

En canto ás alegacións presentadas pola Xunta dixo que “entran dentro do marco europeo e da potestade fiscal que ten España”.

A proposta do Goberno galego coincide coa das centrais sindicais e baséase, segundo indicou, nunha “política fiscal que grave con menos impostos a enerxía que consumen as empresas hiperelectrointensivas”.

Argumentó que “son medidas que se aplican en Francia, en Alemaña e que viñamos aplicando en Galicia antes deste Goberno”, insistiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...