Exposto o informe ambiental para a apertura dunha canteira en Abres

Explotaciones del EO S.L. proxecta unha explotación a ceo aberto da que agarda extraer máis de 41 mil toneladas de filitas

Imaxe do lugar no que se proxectta a canteira no límite entre San Tirso de Abres e Trabada

O Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA) informou este venres  da presentación dun Estudo de Impacto Ambiental (EIA) para a apertura dunha canteira de filitas no concello de San Tirso de Abres.

O proxecto , promovido pola empresa Explotaciones del Eo S.L., sométese a información pública durante trinta días para que as persoas e entidades interesadas revisen e  -no seu caso- presenten as observacións e alegacións que consideren oportunas.

Segundo detalla o informe,  que pode consultarse no portal da Consejería de Empleo,  Industria e Turismo, a compañía solicita autorización para a apertura dunha canteira a ceo aberto que afectaría uns 16.053 metros cadrados por riba de Naraído, no límite co concello de Trabada.

A compañía agarda extraer alí 41 mil toneladas de filitas (material de construción con características similares a lousa) nun periodo de explotación de dez anos.

Dacordo coa normativa,  ademais da descrición exhaustiva da fase de construción e explotación, o documento presentado inclúe un plan de restauración da zona afectada para o que se fixa un orzamento de 54.250 euros.

A alcaldesa de San Tirso de Abres, Goretti Quintana, agarda que a canteira cree “postos de traballo e repercuta positivamente na economía da zona”. No entanto, aclara que a execución do proxecto está supeditada a informes e autorizacións sectoriais, aínda pendentes de resolver.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here