InicioEconomíaO BNG pide no Congreso modernizar a liña Ferrol-Ribadeo, "con preto de...

O BNG pide no Congreso modernizar a liña Ferrol-Ribadeo, “con preto de 1.000” incidencias no 2019

Os nacionalistas consideran que o descarrilamento dun tren no Barqueiro, que se saldou con tres persoas feridas, é unha mostra do "deterioro" do servizo

Publicada o

- Advertisement -

O BNG trasladou ao Congreso dos Deputados a situación da liña de ferrocarril FerrolRibadeo, sobre todo polo “perigo” que deriva das condicións nas que se atopa o tramo como mostra, expón a formación nacionalista, o accidente da noite do 19 a 20 de febreiro, á altura do Barqueiro (Mañón) por mor dun desprendimiento de terra.

O deputado do partido frontista, Néstor Rego, insistiu en que estes accidentes, preto dun milleiro o pasado ano, teñen unha “relación directa” coa redución de persoal, a supresión de servizos e o abandono do mantemento das infraestruturas, como o material rodante, as estacións ou os problemas para a expedición de billetes.

Por iso, trasladou a súa “preocupación” polos accidentes e problemas que se están producindo, sobre todo o último caso rexistrado en O Barqueiro provocado por un desprendimiento de terras no tramo de Viveiro a Ortigueira, con tres persoas feridas, dous traballadores -o maquinista e a interventora- e un dos sete pasaxeiros.

Malia que os usuarios e tamén veciños da Mariña Lucense e Ortegal levan anos pedindo un mellor mantemento das vías, Adif asegura que os descarrilamentos coma o do convoi do Barqueiro son froito das choivas e da orografía e nega que haxa desleixo á hora de coidar a infraestrutura.

O accidente, para Rego, “pon de manifesto a situación de deterioro da liña ferroviaria e, sobre todo, a necesidade de actuacións urxentes para que este tipo de situacións non se volvan a producir”, insistiu, para esixir decisións políticas “claras”, con investimentos e prazos, “máis aló de anuncios baleiros de contido”, e asegurar a modernización da liña “en condicións de calidade e operatividade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...