InicioEconomíaEnce conxela 490 millóns en investimentos previstos para a fábrica de Navia

Ence conxela 490 millóns en investimentos previstos para a fábrica de Navia

A papeleira suspende a inxección económica pendente no plan estratéxico debido caída dos prezos, que reduciu o beneficio neto da empresa nun 93% no 2019

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Consello de Administración de Ence decidiu atrasar os investimentos pendentes do Plan Estratéxico no negocio de celulosa, que ascenden a uns 490 millóns de euros e que ían ir destinadas á planta de Navia, en Asturias, segundo unha presentación que mostrou este xoves á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Nesa presentación, explica que o motivo do atraso é manter un ratio de débeda neta/resultado bruto de explotación (ebitda) do negocio de celulosa por baixo de 2,5 veces, cando a finais de 2019 era de 4,1.

Tralo atraso na paralización dos investimentos, está a caída dos prezos da celulosa que, segundo a compañía, tocaron chan desde o seu mínimo dos últimos dez anos no cuarto trimestre de 2019.

Segundo expuxo a través dun comunicado de prensa, Ence obtivo un beneficio neto de 9,2 millóns de euros en 2019, un 93% menos que un ano antes, debido á caída do prezo da celulosa e á execución dos investimentos previstos no plan estratéxico do grupo.

O ebitda tamén se reduciu un 56,3%, ata os 127 millóns de euros e no de celulosa caeu un 69,4%, ata os 75,2 millóns, mentres que o de enerxía renovable chegou a 52 millóns, cunha subida do 14,5% en 2019.

SUPUÑA AUMENTAR O PERSOAL EN 200 OBREIROS

O plan estratéxico da empresa ata 2023 prevía incrementar significativamente a produción na fábrica asturiana coa fabricación de celulosas dedicadas a cueirosabsorbentes e hixiénicos, así como para viscoas, utilizada na produción de téxtiles.

Isto suporía aumentar en case 200 persoas o persoal da fábrica de Navia e crear uns 1.100 postos de traballo entre directos, indirectos e inducidos. Ademais, habería que engadir 900 empregos adicionais durante os dous anos que durasen as obras.

PONTEVEDRA, PENDENTE DA XUSTIZA

Ademais, Ence informa na presentación da situación da planta de celulosa de Pontevedra, cuxo futuro está en dúbida ao negarse o Goberno de España a defender a prórroga que lle foi concedida en 2016 para que puidese continuar activa durante 60 anos, ante os recursos presentados polo Concello e dúas organizacións ecoloxistas.

Sinala que espera unha primeira sentenza da Audiencia Nacional nos próximos seis meses, aínda que di que todo o proceso legal de procesos xudiciais que existe en torno a esta cuestión poderíase prolongar ata catro anos, incluíndo os recursos que se formulen ante as máis altas instancias xudiciais.

Ence investiu desde que lle foi prorrogada a concesión 130 millóns de euros na planta de Pontevedra, pero ante a incerteza decidiu destinar o investimento de 250 millóns que había para ampliar a capacidade da fábrica galega á súa planta do Occidente asturiano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...